ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “CAMIÑO A SANTRO ANDRÉ DE TEIXIDO 2017”

concurso-de-fotografía

O vindeiro sábado, día 8 de xullo ás 12:00 horas, na sede da Asociación Cultural y Recreativa Camino a San Andrés de Teixido, Polígono Industrial das Somozas, parcela 2. 15565-As Somozas, celebrarase o acto de entrega dos premios aos fotógrafos galardoados no concurso “Camiño a Santo André de Teixido 2017”, que por primeira vez convocou a Asociación e no que participaron 140 concursantes.

Como xa se fixo público no seu momento, o primeiro premio foi declarado deserto, se ben o seu importe (3.000 €) repartido en seis accésit de 500 €, por entender que dada a cantidade de obras presentadas aparece un número importante de traballos que o xurado considerou de calidade similar axustados aos obxectivos da convocatoria.

Con esta consideración previa, os galardoados finalmente foron:

  • 1º Premio (3.000 €): Deserto
  • 2º Premio (2.000 €) á obra “Árbore e Cabalo”, de Marcos Ferreiro Gómez (A Coruña)
  • 3º Premio (1.000 €) á obra “Desde o bosque petrificado”, de Juan Luís Rúa Prieto (A Coruña)
  • Accésit (500 €) á obra “A Capelada”, de José Pardo Vázquez (Ferrol)
  • Accésit (500 €) á obra “Sen Título”, de Xiana Quintas Iglesias (Viveiro)
  • Accésit (500 €) á obra “Máis vale vivo”, de Marcos Pérez López (Castro de Rei)
  • Accésit (500 €) á obra “El Pastor”, de Miguel Gómez Muñiz (Santiago de Compostela)
  • Accésit (500 €) á obra “Magia celestial”, de Isaac Ventoso Leiro (Vilanova de Arousa)
  • Accésit (500 €) á obra “Mar de nubes”, de Juan José Galdo Cao (Narón)
  • Accésit (500 €) á obra “Camiño a San Andrés”, de Hadrián Márquez (A Coruña)
  • Accésit (500 €) á obra “El callado sosiego del agua”, de Paula Ramírez Villanueva (Marín)
  • Accésit (500 €) á obra “Como antaño”, de Juan Quintía Valencia (Fene)
  • Accésit (500 €) á obra “Al final del camino”, de Juan Pablo Ameneiros González (Ferrol).

Por outra parte, a organización do concurso de fotografía terá expostas as fotografías galardoadas a partir do 15 de xullo ata finais de agosto no Castelo da Concepción, de Cedeira, grazas á colaboración da Concellería de Cultura cedeirense, nunha primeira mostra que xirará a continuación por diferentes escenarios de Galicia en formato máis grande e onde aparecerán tamén os traballos finalistas.

Do mesmo xeito, estase traballando na confección dun catálogo no que se recollan as fotografías presentadas ao concurso de fotografía.