PRESENTACIÓN DE LIBROS DE GARAÑON EDITORA PATROCINADOS POLA FUNDACIÓN SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO O VENRES 8 DE XUÑO AS 20:30h

Presentacion-GARANON-Ortigueira

O venres 8 de xuño de 2018, ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ortigueira, Garañón Editora en colaboración coa Asociación Terras do Ortegal e o Concello de Ortigueira, vai facer a presentación dos tres libros que ata o de agora publicaron en colaboración e co patrocinio da Fundación Santo André de Teixido. Trátase de Catálogo do Concurso de Fotografía “Camiño a Santo André de Teixido 2017”, de varios autores; Viaje a A Capelada y su Santuario de San Andrés de Teixido, de Antonio Rodríguez Rodríguez; e San Andrés de Teixido. Historia, Leyendas y Tradiciones, de Federico Maciñeira y Pardo de Lama, en edición facsímile da publicada orixinalmente en 1921.

O acto contará coa presenza de Francisco Javier Martínez Prieto, párroco de Santa Marta de Ortigueira, historiador e membro da xunta directiva da Asociación Terras do Ortegal; Ramón Tudela Guerrero, presidente da Asociación Cultural y Recreativa Camino a San Andrés de Teixido e da Fundación Santo André de Teixido; e de Pedro X. Blanco Llano, director de Garañón Editora e Vicepresidente da Fundación Santo André de Teixido. Contarase tamén coa participación dalgún representante do Concello de Ortigueira pendente de confirmar.

Con esta presentación quérese, como sempre fixo a Fundación SAT, tomar contacto directo coas xentes e os territorios nos que incide na súa actuación e dar a coñecer aquelas iniciativas nas que se substenta o seu programa de traballo, neste caso a publicación de libros, nos que destaca a reedición facsímile do texto de Federico Maciñeira publicado na Coruña hai case cen anos, por quen fora alcalde de Ortigueira e destacado investigador antropolóxico e arqueólogo.