O DEPUTADO PROVINCIAL DON XOSÉ REGUEIRA VARELA RECIBIU NO SEU DESPACHO AO PRESIDENTE DA FUNDACIÓN SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO, DON RAMÓN TUDELA GUERRERO

ramón-tudela-rodríguez-varela-cultura-turismo y patrimonio histórico-camino-a-san-andrés

O Presidente da Fundación Santo André de Teixido foi recibido onte, luns 2 de xaneiro, polo Deputado Provincial de Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, Don Xosé Rodríguez Varela, no seu despacho da Deputación Provincial da Coruña.

O motivo da recepción foi a presentación, por parte do Presidente da Fundación, Don Ramón Tudela, da relación de actividades culturais, recreativas, históricas e turísticas que a Fundación vai presentar en FITUR 2017.

A Fundación foi invitada pola Deputación da Coruña a participar nesta edición de FITUR, no marco da presentación dos camiños de peregrinación de Galicia. A feira de turismo é un referente a nivel mundial e un escaparate de primeira orde no que dar a coñecer a peregrinación a Santo André de Teixido como parte integrante do Camiño Inglés e como proxecto dinamizador doutras rutas alternativas e eminentemente turísticas, coa que lograr un meirande desenvolvemento, en todos os niveis e sectores, da nosa comunidade autónoma.

Así mesmo, a Fundación aproveitou o acto para facerlle entrega ao Deputado da Caveira de Honra, distinción que a Fundación outorga ás persoas e institucións que dalgún xeito contribúen á consolidación do proxecto de difusión dos camiños de peregrinación a Santo André de Teixido.