entrevista-Pablo-Moreda-alcalde-cedeira-san-andrés-de-teixido

Entrevista a Pablo Moreda, alcalde de Cedeira

“Queremos un proxecto definitivo para Teixido” O Camiño que une Betanzos e Santo André estará en Fitur

Pablo Moreda (Foz, 1973) é dende as eleccións de 2015 alcalde no Concello de Cedeira, que conta cun grupo de goberno formado por PSdeG, BNG e Anova. Afirma que traballan como “un grupo unido” e sitúa a  Teixido e a súa contorna como un lugar de grande importancia para a vila e tamén para Galicia.

Que é Santo André de Teixido para Cedeira?

Para nós é moi importante, pero tamén para Galicia, porque é o segundo centro de peregrinación máis importante despois de Santiago de Compostela. Por iso, estamos intentando dinamizalo, dentro das nosas posibilidades.

Que se está a facer?

Por exemplo, estaremos en Fitur 2017, a Feira Internacional de Turismo, que é un escaparate moi grande, con moitos visitantes. Pero para nós o importante é contactar con operadores turísticos, aos que lles presentamos o produto para que eles ofrezan aos seus clientes.

Que se promocionará en Fitur?

A Deputación da Coruña está abrindo e sinalizando un camiño novo entre Betanzos e Teixido. Vaise presentar esta ruta, vinculada con Santiago de Compostela, para atraer peregrinos. Por outra parte, estamos á espera de que a asociación Camiño a Santo André nos diga as súas propostas, as súas intencións á hora de relanzar o proxecto no que están a traballar. E entre todos, tentaremos consensuar un proxecto definitivo para Santo André, co obxectivo de que repercuta na calidade de vida de todo o concello e tamén da comarca e a do Ortegal. Temos que darlle á xente unha oferta variada.

Unha investigación recente indicaba que o camiño de Santo André foi a peor. A que se debe?

Eu creo que debera involucrarse a Xunta de Galicia neste proxecto.  Os concellos estamos limitados orzamentariamente. E ademais de ser importante ter o camiño, é fundamental  preservar, conservar e ter en estado óptimo esa ruta. Sobre todo cando pasa por varios concellos, é fundamental que todos teñamos eses camiños en condicións, senón haberá etapas que estean ben e outras todo o contrario. Nós sempre dicimos si a ter rutas e camiños, pero tan importante coma telos  é conservalos. Por iso, pedimos á Deputación da Coruña, respecto destes camiños, que a preocupación máis grande é que deixen unha partida todos os anos para mantelos en condicións óptimas.

Hai algunha estatística de visitantes a Teixido?

Non, ese é un dos temas que nos preocupa. E do mesmo xeito que hai rutas guiadas de sendeirismo, gustaríanos ter unha guía permanente en Santo André de Teixido. É algo no que podemos mellorar, como podemos mellorar vendo o que pasa noutros lugares cun santuario semellante, vendo que se fixo.

Houbo unha aposta por La Vuelta. Nótase a repercusión do paso deste evento por Cedeira e por Herbeira?

A repercusión notouse dende o primeiro momento. É incrible a cantidade de visitas que estamos tendo en Herbeira e en Santo André. Cremos a nivel de publicidade, é o evento máis importante da historia de Cedeira. Retransmitouse en directo para 170 países. Para nós foi moi importante para dar a coñecer o territorio, e agora temos que saber soportar esa cantidade de visitantes e ofrecerlle algo máis, porque Cedeira non é só Santo André de Teixido e a Capelada. Temos moitísima riqueza no noso municipio.

Entre esa riqueza, o Museo Mares de Cedeira. 

Si, un importante logro deste grupo goberno foi o convenio coa asociación Mares de Cedeira e a confraría. Cedeira necesitaba un museo e facilitamos ao máximo este traballo, porque este museo reflicte como se vive do mar, é historia viva do mar e é unha viaxe pola historia de Cedeira

No plano turístico, tamén se traballa nun proxecto con Ribadeo e Burela.

En que consiste?

Temos una iniciativa nova que se vai facer con Ribadeo e  Burela, é un proxecto moi grande do que faremos unha presentación, e que conta cunha subvención de 118.000 euros de fondos europeos. O que queremos é dinamizar a nosa zona e dar a coñecer o magnífico patrimonio xeolóxico do noso Concello, en particular da Serra da Capelada, e potenciar o desenvolvemento do turismo sostible. Vai ser algo moi especial.

Nunha liña similar foron as xeorutas deste verán. Deron bos resultados, tiveron seguemento?

Si, foron un éxito.

Que vai pasar co proxecto do castro das Croas. Vaise desenvolver?

Estamos tendo problemas á hora de comprar os terreos. Fixemos unha reunión veciñal para explicar por que queremos os terreos, fixemos unha oferta moi boa economicamente, pero non todos acudiron á reunión e de momento non hai acordo e ademais os terreos afectan a moitísimos propietarios. O que si que imos facer é comezar as excavacións en campo do Castro. Temos 3.500 metros cadrados de terreos municipais que foron comprados no mandato do alcalde José Luis Vergara e imos empezar a levantar o castro cun orzamento de 4.500 euros para poñer en valor o patrimonio, que é moi grande e está escondido.

Está rematando o ano. Como serán os orzamentos de 2017?

Estamos revisando todo o que son os orzamentos do ano pasado, vendo os proxectos que saíron ben e imos continuar e vendo proxectos novos.  Seguimos pensando que participación veciños en orzamentos é importantísima, e por iso organizamos reunións con asociacións, clubs deportivos… Queremos que nos digan en que podemos mellorar e como potenciar os proxectos.

Haberá novidades?

Queremos avanzar nos servizos sociais, seguir coa programación cultural e co turismo e queremos dinamizar o concello non só no verán, senón todos os meses do ano. Tamén queremos seguir dándolle a súa importancia á sociedade civil de Cedeira, que é a que move o concello e que axuda a que os proxectos se leven a cabo. Tamén daremos un paso nas subvencións a asociacións deportivas e culturais, que serán de libre concorrencia.

Que lle falta a Cedeira para progresar socioeconomicamente? 

Falta un compromiso da Xunta de Galicia para mellorar a estrada entre Cedeira e Valdoviño. É o que hai que facer para que Cedeira medre e non quede esquecida. Unha mellora da estrada vai repercutir no turismo, na seguridade viaria e no plano empresarial. Non virán empresas coas comunicacións que temos aínda que abaratemos un 90% a licencia e Xestur baixe o prezo nun 50%. Nese sentido, Cedeira está nas mans da Xunta de Galicia, e o grupo de goberno vai loitar para que traballe neste proxecto. Queremos mobilizar á sociedade civil como dinamizadora deste asunto. Tamén por seguridade, pois a ambulancia medicalizada non chega a Cedeira. É un problema moi gordo.

Como está a funcionar o goberno. Hai unión?

É un grupo de goberno formado por tres partidos pero o pacto funciona por ser grupos de esquerdas e tamén se basea moito na calidade das persoas. Nós traballamos como un grupo unido.

Están contentos os veciños do municipio coa xestión?

Creo que si. Estase máis preto dos veciños e das asociacións,  vendo as súas preocupacións e sacando ideas. Temos cousas que mellorar, pero estamos abertos a propostas. Atendemos á xente e optamos pola transparencia. Temos un boletín informativo e actualizamos a web. É moi importante que a xente siga o día a día das cousas.