As 12 obras premiadas estarán no Castelo da Concepción ata o vindeiro 31 de agosto e poden visitarse de martes a domingo

exposición-concurso-san-andrés-de-teixido-obras ganadoras

Santo André de Teixido. 17 de xullo de 2017.- A Asociación Camiño a Santo André de Teixido organiza unha exposición no Castelo da Concepción de Cedeira coas fotografías gañadoras do concurso Camiño a Santo André de Teixido 2017.

Os traballos poderán visitarse ata o vindeiro 31 de agosto nunha sala do Castelo no seguinte horario: de  martes a sábado de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas; e o domingo de 17:00 a 20:00 horas.

A mostra recolle as doce fotografías premiadas neste certame, ao que concorreron un total de 140 traballos. O xurado elixiu de entre todas 35 obras finalistas e, na deliberación, optou por deixar deserto o primeiro premio para repartilo en seis accésit, o que elevou a 12 o número de galardóns.

Esta é a primeira exposición que se fai cos traballos gañadores. Non obstante, o obxectivo é que a mostra sexa itinerante, para fomentar a difusión das rutas de peregrinación que levan a Teixido. Por iso, a Asociación Camino a San Andrés de Teixido está a traballar en novas localizacións para esta exposición, que se poderá ver noutros lugares do país pasado o verán. Está previsto, ademais, que se expoñan tamén os traballos finalistas.

OBRAS EXPOSTAS NO CASTELO DA CONCEPCIÓN

  • 2º PREMIO: Obra “ÁRBORE E CABALO”, de Marcos Ferreiro Gómez (A Coruña)
  • 3º PREMIO: Obra “DESDE O BOSQUE PETRIFICADO”, de Juan Luis Rúa Prieto (A Coruña)
  • ACCÉSIT:  Obra “CAPELADA”, de José Pardo Vázquez (Ferrol)
  • ACCÉSIT: Obra “SEN TÍTULO”, de Xiana Quintas Iglesias (Viveiro)
  • ACCÉSIT: Obra “MÁIS VALE VIVO”, de Marcos Pérez López (Castro de Rei)
  • ACCÉSIT: Obra “EL PASTOR”, de Miguel Gómez Muñiz (Santiago de Compostela)
  • ACCÉSIT: Obra “MAGIA CELESTIAL”, de Isaac Ventoso Leiro (Vilanova de Arousa)
  • ACCÉSIT: Obra “MAR DE NUBES”, de Juan José Galdo Cao (Narón)
  • ACCÉSIT: Obra “CAMIÑO A SAN ANDRÉS”, de Adrián Márquez Fernández (A Coruña)
  • ACCÉSIT: Obra “EL CALLADO SOSIEGO DEL AGUA”, de Paula Ramírez Villanueva (Marín)
  • ACCÉSIT: Obra “COMO ANTAÑO”, de Juan Quintía Valencia (Fene)
  • ACCÉSIT: Obra “AL FINAL DEL CAMINO”, de Juan Pablo Ameneiros González (Ferrol).

Fotografías premiadas aquí.