A mostra recibiu preto de 3.500 visitas no Castelo da Concepción de Cedeira, onde estivo exposta dende o 15 de xullo ata o 31 de agosto

Santo André de Teixido, 20 de setembro de 2017. A Asociación Camino a San Andrés de Teixido organiza unha nova exposición coas fotografías gañadoras do concurso Camiño a Santo André de Teixido 2017, que recibiu xa unhas 3.500 visitas no  Castelo da Concepción de Cedeira, onde estivo entre o 15 de xullo e o 31 de agosto.

Agora, os traballos galardoados trasládanse ao Mosteiro de Santa María de Monfero (A Coruña), onde se poderán visitar entre o 15 de setembro e o 31 de outubro. O horario actual de visitas é de mércores a domingo de 11.00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, se ben este podería variar para o mes de outubro.

Os visitantes poderán ver nesta mostra as doce fotografías premiadas neste certame, ao que concorreron un total de 140 traballos. O xurado elixiu de entre todas 35 obras finalistas e, na deliberación, optou por deixar deserto o primeiro premio para repartilo en seis accésit, o que elevou a 12 o número de galardóns.

Esta é a segunda exposición que se fai cos traballos gañadores, co obxecto de fomentar a difusión das rutas de peregrinación que levan a Teixido.

OBRAS EXPOSTAS NO MOSTEIRO DE MONFERO

  • 2º PREMIO: Obra “ÁRBORE E CABALO”, de Marcos Ferreiro Gómez (A Coruña)
  • 3º PREMIO: Obra “DESDE O BOSQUE PETRIFICADO”, de Juan Luis Rúa Prieto (A Coruña)
  • ACCÉSIT:  Obra “CAPELADA”, de José Pardo Vázquez (Ferrol)
  • ACCÉSIT: Obra “SEN TÍTULO”, de Xiana Quintas Iglesias (Viveiro)
  • ACCÉSIT: Obra “MÁIS VALE VIVO”, de Marcos Pérez López (Castro de Rei)
  • ACCÉSIT: Obra “EL PASTOR”, de Miguel Gómez Muñiz (Santiago de Compostela)
  • ACCÉSIT: Obra “MAGIA CELESTIAL”, de Isaac Ventoso Leiro (Vilanova de Arousa)
  • ACCÉSIT: Obra “MAR DE NUBES”, de Juan José Galdo Cao (Narón)
  • ACCÉSIT: Obra “CAMIÑO A SAN ANDRÉS”, de Adrián Márquez Fernández (A Coruña)
  • ACCÉSIT: Obra “EL CALLADO SOSIEGO DEL AGUA”, de Paula Ramírez Villanueva (Marín)
  • ACCÉSIT: Obra “COMO ANTAÑO”, de Juan Quintía Valencia (Fene)
  • ACCÉSIT: Obra “AL FINAL DEL CAMINO”, de Juan Pablo Ameneiros González (Ferrol).