FALLO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA  “CAMIÑO A SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO 2017”

O pasado día 26 de maio de 2017, reuniuse o xurado do Concurso de Fotografía “Camiño a Santo André de Teixido 2017”, convocado pola Asociación Cultural y Recreativa Camino a San Andrés de Teixido, para fallar os galardóns correspondentes, tal e como estaba estipulado nas bases.

O xurado quedou sorprendido pola cantidade de obras presentadas, 142, pero só puideron admitir 140, porque as dúas restantes non reunían os requisitos estipulados no concurso. En calquera caso, resultou de especial interese considerar que ante esta primeira convocatoria houbese tantas e tan variadas obras, o que fixo especialmente complicado dilucidar os galardóns. Así como a procedencia dos seus autores, de toda Galicia e de fóra da nosa comunidade.

Nunha primeira escolma, o xurado escolleu 35 fotografías e logo de diversas deliberacións decidiron declarar deserto o Primeiro Premio (3.000 €), ao non atopar entre as fotos presentadas unha que satisfaga de maneira destacada por riba das demais os criterios de selección establecidos.

Con todo, e no interese por non transmitir a idea de que se pretendía aforrar os cartos dese primeiro premio, acordaron repartilo en seis accesits de 500 € cada un, a incrementar os catro xa establecidos nas bases do concurso, outorgando así un total de dez accesits. Resolución que tomaron ao entender que dada a cantidade de obras presentadas si aparece un número de traballos que o xurado considera de calidade asimilada axustados aos obxectivos da convocatoria.

En razón destes acordos previos, o xurado resolveu por maioría conceder os seguintes galardóns:

  • 1º PREMIO (3.000 €): Deserto
  • 2º PREMIO (2.000 €): Obra “ÁRBORE E CABALO”, de Marcos Ferreiro Gómez (A Coruña)
  • 3º PREMIO (1.000 €): Obra “DESDE O BOSQUE PETRIFICADO”, de Juan Luis Rúa Prieto (A Coruña)
  • ACCESIT (500 €): Obra “CAPELADA”, de José Pardo Vázquez (Ferrol)
  • ACCESIT (500 €): Obra “SEN TÍTULO”, de Xiana Quintas Iglesias (Viveiro)
  • ACCESIT (500 €): Obra “MÁIS VALE VIVO”, de Marcos Pérez López (Castro de Rei)
  • ACCESIT (500 €): Obra “EL PASTOR”, de Miguel Gómez Muñiz (Santiago de Compostela)
  • ACCESIT (500 €): Obra “MAGIA CELESTIAL”, de Isaac Ventoso Leiro (Vilanova de Arousa)
  • ACCESIT (500 €): Obra “MAR DE NUBES”, de Juan José Galdo Cao (Narón)
  • ACCESIT (500 €): Obra “CAMIÑO A SAN ANDRÉS”, de Adrián Márquez Fernández (A Coruña)
  • ACCESIT (500 €): Obra “EL CALLADO SOSIEGO DEL AGUA”, de Paula Ramírez Villanueva (Marín)
  • ACCESIT (500 €): Obra “COMO ANTAÑO”, de Juan Quintía Valencia (Fene)
  • ACCESIT (500 €): Obra “AL FINAL DEL CAMINO”, de Juan Pablo Ameneiros González (Ferrol).

Antes de que remate o vindeiro mes de xuño, celebrarase a cerimonia de entrega dos premios, que será feita pública oportunamente indicando lugar e data e que a día de hoxe está pendente de concretar por razóns puntuais alleas á organización, pero que se comunicará nos próximos días.