A XANTAR!
Se queres saber que comer en Cedeira, nas Rías Altas galegas, os peixes e mariscos frescos constitúen a base da súa tradición culinaria. Todo tipo de mariscos son habituais nas mesas da localidade. Son famosos os berberechos e coquinas, pero, sen dubida, o verdadeiro protagonista da cociña de Cedeira é o percebe. Prato estrela, tamén, en Santo Andrés de Teixido. O percebe celebra en Cedeira a súa propia festa gastronómica de exaltación, normalmente o derradeiro fin de semana de xullo ou a comezos de agosto.
Pero existen outras especialidades na zona con produtos do mar. Pratos típicos son o rape guisado con chícharos, en salpicón, marraxo, bonito en rolo, o polbo á feira, chocos, caldeiradas de raia ou de diferentes peixes e mariscos…
Acompaña todas estas especialidades cunhas patacas de ribeira, que gardan un sabor único grazas ao seu tipo de cultivo xunto ao mar.
Como sobremesa, un brazo de xitano que preparan con diferentes recheos (chocolate, turrón, amorodo, piña…) e co café unha Ese, galleta artesanal de Cedeira cun toque de anís.
Pero existe en toda a zona unha cociña local coidada, baseada na gran calidade dos produtos. Son indicación xeográfica protexida os Pementos do Couto e o Queixo de Tetilla de Moeche, que se poden acompañar co famoso Pan de Neda. Cogomelos, grelos, mel ou manteigados son outros dos produtos de máis tradición nalgúns lugares de paso dos camiños de Teixido, que tamén teñen en distintos momentos do ano as súas propias festas de exaltación como produtos gastronómicos de recoñecido prestixio.