‘Pelerinaxes’ chega a Asia

pelerinaxes_filme_fotograma2

O filme ‘Pelerinaxes’ de Simone Saibene proxéctase a concurso na edición número 14 do International Indipendent Film Festival de Daca (Bangladesh).  

O filme ‘Pelerinaxes’, do director italo-galego Simone Saibene, fai o percorrido que en 1927 fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido (Cedeira). Un camiño que comeza na Praza do Ferro da cidade de As Burgas e que percorre diversos pobos das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña. Pelerinaxes foi elixido para formar parte da sección ‘documentais creativos’ do 14hº International Indipendent Festival de Daca, e proxectarase cun único pase este venres.

Protagoniza a longametraxe a actriz Carmen Méndez, que encarna a Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual que percorre as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo André de Teixido do libro de Otero Pedrayo para rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade xunto cun compañeiro. ‘Pelerinaxes’ se sitúa entre a ficción e o documental, altérnase o percorrido da protagonista con entrevistas a mulleres e homes, figuras do mundo cultural galego. Ademais da actriz Carmen Méndez, o reparto deste filme confórmano tamén os ourensáns Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco. A última, neta de Vicente de Risco, leu en Ortigueira o discurso que en 1927 lle foi negado ao seu avó por ser considerado un ‘home perigoso’ durante a ditadura de Primo de Rivera.

A Editorial Galaxia coa colaboración da Asociación Cultural y Recreativa Camino a San Andrés de Teixido, acaba de publicar o libro-DVD da cinta que foi presentado por primeira vez na última edición do Festival de Cine Internacional de Ourense e que xa se pode atopar en todas as librerías de Galicia. Esta edición, ademáis da película, contén textos críticos de Víctor Freixanes, Ramón Tudela, Simone Saibene, Ángel Suanzes, Pablo Gallego Picard, Marta Gómez, Patricia Arias Chachero, Alberto Allegue, Valentín Carrera e Isabel Risco, e fotos do making of da longametraxe dos fotógrafos Iván Fernández e Iago González.

Tráiler de ‘Pelerinaxes’: https://www.youtube.com/watch?v=biE4hADdXZs

pelerinaxes_filme_fotograma3 pelerinaxes-simone-saibene-director-e-jairo-iglesias-director-de-fotografia