O pasado día 27 de setembro de 2018, o xurado dos Concursos de Fotografía convocados pola Asociación Cultural y Recreativa Camino a San Andrés de Teixido e patrocinados pola Fundación Santo André de Teixido, emitiu o seu veredicto cos seguintes resultados:

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA COSTA ÁRTABRA-ESTACA DE BARES

De 70 fotografías admitidas a concurso, o xurado escolleu 20 como finalistas, entre as que decidiu outorgar os seguintes galardóns:

  • PRIMEIRO PREMIO, dotado de 3.000 €, para a obra MONUMENTO NO MAR, de José Benito García Pazos, de Marín.
  • SEGUNDO PREMIO, dotado con 2.000 €, para a obra O PERCEBE, de José Antonio Serantes Varela, de Narón.
  • TERCEIRO PREMIO, dotado con 1.000 €, para a obra NÉBOA, de Oscar López- Companioni Corachán, da Coruña
  • ACCÉSIT, dotado de 500 €, para a obra GUÍA NA TORMENTA, de Fernando J. Cendán Garrote, de Ferrol.
  • ACCÉSIT, dotado de 500 €, para a obra LA PUERTA DE LA LAGUNA, de Elena Abad Martínez, de Ferrol.
  • ACCÉSIT, dotado de 500 €, para a obra AMANECER EN REDES, de Patricia García Gómez, da Coruña.
  • ACCÉSIT, dotado de 500 €, para a obra ROCAS MILENARIAS, de Manolo Méndez Blanco, de Ames.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA RAPA DAS BESTAS DA CAPELADA 2018

De 29 fotografías admitidas a concurso, o xurado escolleu 15 como finalistas, entre as que decidiu outorgar os seguintes galardóns:

  • PRIMEIRO PREMIO, dotado con 1.000 €, para a obra XOGO DE TRONOS, de Mara Vázquez Álvarez, de Vigo.
  • SEGUNDO PREMIO, dotado de 750 €, para a obra GLADIADORES, de Máximo Vázquez Villar, de Cambre.
  • TERCEIRO PREMIO, dotado de 500 €, para a obra RAPA ÁS 12, de Rubén Álvarez Iglesias, de Vigo.
  • ACCÉSIT, dotado de 250 €, para a obra CORRENDO, de Álvaro Arribí Peñamaría, de Cedeira.
  • ACCÉSIT, dotado de 250 €, para a obra CAÍDA FESTIVA, de María Ángeles Neira Sinde, de Narón.
  • ACCÉSIT, dotado de 250 €, para a obra O HOME E AS BESTAS, de José Antonio Novelle Cao, de Ourense.
  • ACCÉSIT, dotado de 250 €, para a obra LOITA DE GARAÑÓNS, de Víctor Manuel Fernández Díaz, de Ourense.

Como aconteceu o pasado ano co concurso dedicado aos camiños de peregrinación a Santo André de Teixido, as obras presentadas en ambos concursos formarán parte dun catálogo que publicará a Fundación Santo André de Teixido.