Ruta do Medievo

A Ruta do Medievo une Betanzos e Santo André de Teixido a través de cinco etapas de aproximadamente 20 quilómetros cada unha. En total, 95 quilómetros. Trátase dun sendeiro natural que percorre arquitectura medieval, historia, concas fluviais e fragas, castelos míticos nas revoltas Irmandiñas e mosteiros levantados en lugares recónditos e que ofrecen as mellores paisaxes naturais da zona. Esta ruta discorre por dez concellos (Betanzos, Coirós, Paderne, Irixoa, Monfero, A Capela, San Sadurniño, Moeche, Cerdido e Cedeira). E está baseada no percorrido que facían os Andrade, señores feudais da zona, para cobrar os tributos aos labregos.

Punto de saída:

Praza Irmáns García Naveira
Latitude:
43° 16′ 47.347”
Lonxitude: -8° 12′ 38.04”

Destino:

San Andrés de Teixido
Latitude:
 +43º 42’ 44.00”
Lonxitude: -7º 58’ 59.31”

Ficha Técnica:

Distancia: 95 km
Duración: 25 horas
Dificultade: Media

Betanzos - Rebordelo (Monfero)
lugares de interese
  • Casco histórico medieval de Betanzos
  • Reserva da Biosfera: Terras do Mandeo
  • Fonte dos Ánxeles
  • Campo dos Caneiros
  • Lugar de Chelo (Coirós)
  • Área recreativa de Medín
  • Rego mainzoso: Mandeo
  • Rego rápido: Lambre
  • Fonte no Sacramento
Rebordelo (Monfero) - As Neves (A Capela)
lugares de interese
  • Mosteiro de Santa María de Monfero
  • Vista da ría de Pontedeume
  • O rego da vaca
  • Parque Natural das Fragas do Eume
  • Central da Ribeira
  • Mosteiro de Caaveiro
  • Parque etnográfico no río Sesín
  • Rego de Mourente
  • Santiago da Capela: Museo etnográfico e fonte
As Neves (A Capela) - Igrexafeita (San Sadurniño)
lugares de interese
  • Alto da Serra. Monte do Lobo.
  • Fervenza do Belelle
  • Regato dos rexidoiros no río Belelle
  • Área recreativa de Formariz
  • Serra de Forgoselo
  • Rego das Carboeiras. Lugar de interese Comunitario Xuvia-Castro
  • Castelo de Naraío
  • Área recreativa Pozo de Lamas
Igrexafeita (San Sadurniño) - A Vila da Igrexa (Cerdido)
lugares de interese
  • Área recreativa de Soutogrande con praia fluvial
  • Río Grande de Xuvia
  • Castelo de Moeche
  • Apeadeiro de Labacengos
  • Río da Braña
A Vila da Igrexia (Cerdido) - Santo André de Teixido
lugares de interese
  • Río das Mestas
  • Río Darabaixe
  • Fonte en Vilanovo
  • Serra da Capelada
  • Mirador Penedo Edroso
  • Val do río Condomiñas
  • Miradoiro do Chao do Monte
  • Amilladoiros
  • Bosque petrificado
  • Santo André de Teixido