sanANDREStexto

QUÉ VER?

O Santuario

O santuario de Santo André de Teixido é unha igrexa de estilo gótico-barroco. Data dos século XVI e XVIII. Máis que a súa importancia dende o punto de vista artístico, destaca a paraxe na que se atopa, rodeada de cantís. A torre do campanario é do século XVIII pero da igrexa anterior apenas se conserva a porta do muro norte e algunha pintura mural.

A Fonte

A uns metros da igrexa de Santo André está a fonte dos 3 canos. Moitos intentan comprobar nela se o santo atenderá as súas peticións. Se ao botar nas súas augas un anaco de molo de pan flota, Santo André concede o pedido. Se afunde, non será así.

Zona recreativa

Ao chegar ao núcleo de Santo André de Teixido, atopámonos de fronte unnha área recreativa perfecta para admirar a paisaxe e para tomar un descanso no camiño. Existe neste lugar un miradoiro para o goce dos sentidos.

Bosque Petrificado

Chegando a Santo André de Teixido, no alto, está o bosque petrificado, que recibe este nome polas curiosas formas das rochas que alí se atopan, conformando un espazo diferente e cunha grande panorámica oceánica.

Garita de Herbeira

Son os cantís máis altos da Europa continental. Contan cunha altura de máis de 600 metros e caen ao mar en perpendicular, cunha pendente superior ao 80%. Ofrece unhas espectaculares vistas, que en días claros chegan incluso ás Illas Sisagras, se miramos cara o sur; e á punta da Estaca de Bares, se o facemos cara o norte.

Serra da Capelada

Espazo natural cheo de miradoiros recoñecidos ou improvisados nos que a natureza manda. Vacas e cabalos salvaxes pastan facendo seu este territorio, en convivencia con turistas e excursionistas.

Placa homenaxe a Leslie Howard

Na estrada que une Santo André de Teixido e Cariño sitúase un panel informativo e una placa colocada, nas proximidades dun cruceiro, coma homenaxe ao actor Leslie Howard. Por que aquí? Porque o tamén coñecido como Ashley, no seu papel en Foise co vento, faleceu nestas costas cedeiresas ao ser derrubado o aparato no que viaxaba por una avión nazi. Aconteceu o 1 de xuño de 1943.

Cabo Ortegal

A uns quilómetros de Teixido atópase o Cabo Ortegal, que ofrece unha oportunidade única para ver como bate o mar nestas rochas coñecidas coma Os Aguillóns. Outra paisaxe de visita obrigada, xa no termo municipal de Cariño.

Visita a nosa galería para coñecer o que podes ver en Santo André de Teixido!