A Asociación Cultural e Recreativas amigos do Camiño a Santo André de Teixido constitúese no ano 2016 por iniciativa dun grupo de persoas comprometidas coa tarefa de poñer en valor, desde os máis amplos punto de vista culturais, sociais, económicos, turísticos espirituais, este milenario lugar de peregrinación, anterior incluso á cristianización do mesmo.

Santo André de Teixido é…

…un lugar único, máxico, fascinante.

…un lugar onde se dan cita os cantís máis impoñentes da Europa continental con el ruxir dos mares que se enfrontan ao atoparse.

…un lugar onde o son das gaitas celtas retumba entre unha néboa persistente.

…un lugar creado para soñar, onde as bestas galopan con liberdade, as lendas e as tradicións arrastran ás mentes máis lóxicas e envólvenas con misterios insondables.

A Santo André de Teixido vaise con decisión ou sen ela, en carne propia ou reencarnado en toda norte de animais terrestres. Vaise por imperativo divino, pois a “Santo André de Teixido vai de morto que non foi de vivo”.

Esta Asociación pretende dar a coñecer este lugar, sagrado xa en épocas prehistóricas. Queremos mostrar a todos, crentes e non crentes, as súas peculiaridades, as súas fortalezas, as súas historias e a súa maxia.

Fomentamos o camiño a Santo André de Teixido desde todas as rutas posibles. Como complemento ao Camiño de Santiago de Compostela, aproveitando estes itinerarios xa coñecidos; pero tamén as variantes das mesmas que levan a este lugar.

Participaremos activamente e fomentaremos accións culturais e artísticas que teñan como eixo central a figura de Santo André e os seus camiños de peregrinación. E axuntaremos esforzos e promoveremos accións con todo tipo de organizacións, institucións e empresas que compartan e fomenten este interese pola dinamización de Santo André de Teixido e as súas rutas de peregrinación.

Podes enviar unha mensaxe á Asociación Camiño a Santo André de Teixido a través do seguinte formulario

7 + 5 =