Camiño Vello a Teixido

O Camiño Vello a Teixido tivo no século XVIII un protagonista destacado: o Pai Sarmiento, quen chegou ao santuario por este trazado, cando menos en parte. O percorrido comeza no Mosteiro do Couto, en Narón, e remata no santuario de Teixido, pasando por territorio dos concellos de Narón, Valdoviño e Cedeira. Trátase dunha proposta perfecta para unha fin de semana que permite coñecer antigos muíños, castros, necrópoles, atravesar pontes medievais e ver unha paisaxe de excepción.

Punto de saída:

Mosteiro do Couto
Latitude:
+43º 29’ 53.24”
Lonxitude: -8º 10’ 27.66”

Destino:

Santo André de Teixido
Latitude:
 +43º 42’ 44.00”
Lonxitude: -7º 58’ 59.31”

Ficha Técnica:

Distancia: 42 km
Duración: 10-12 horas
Dificultade: Media

Mosteiro do Couto (Narón) - Porto do Cabo (Valdoviño)
lugares de interese
  • Igrexa de San Martiño de Xuvia
  • Castro do Petoural
  • Muíño das Aceas
  • Corredoira do Feal
  • Castro de Sequeiro
  • Pazo Libunca
  • Cruceiro de Embade
  • Casas tradicionais
  • Corredoira da Boeira
  • Casa das Lousas
  • Louseira vella
  • Rueiro do Carballo
  • Vistas da praia da Frouxeira
  • Cemiterio prehistórico
  • Igrexa de San Pedro
  • Cruceiro
  • Encoro das Forcadas
  • Casa tradicional
  • Capela da Fame
  • Igrexa e Pazo dos Suevos
  • Aldea de Porto do Cabo:
    • Casa dos Romeiros
    • Casa e ponte medieval
Porto do Cabo (Valdoviño) - Santo André de Teixido (Cedeira)
lugares de interese
  • Corredoira do Aro
  • Rueiro antigo de Viriño
  • Capela de San Roque de Reboredo
  • Cruceiro do Cristo dos Carrís
  • Santo André de Teixido