O Camiño do Mar é unha variante do Camiño do Norte a Santiago de Compostela. Os que optaban por esta vía, unha vez chegaban a Ribadeo continuaban pola costa das provincias de Lugo e parte da Coruña, cunha parada en Santo André de Teixido. Despois incorporábanse en Narón ao Camiño Inglés. Visitaban, deste xeito, aos dous apóstolos. Pero non só era ruta para os que facían o Camiño do Norte. Había tamén a vía de entrada marítima e noutros casos percorrían este trazado os peregrinos á volta de Santiago.
Punto de saída:
Porto de Porcillán
Latitude: 43º 32′ 24″
Lonxitude: 7º 2′ 12″
Destino:
Santo André de Teixido
Latitude: +43º 42’ 44.00”
Lonxitude: -7º 58’ 59.31”
Ficha Técnica:
Distancia: 134,40 km
Duración: 33 horas
Dificultade: Media
lugares de interese
- Ribadeo
- Rinlo
- Peirao de Rinlo
- Praia dos Xuncos
- Praia dos Castros
- Praia das Catedrais
- Reinante
- Barreiros
lugares de interese
- Capela da Virxe do Pilar en Espiñeira de Foz
- Rego da Baesta
- Basílica de San Martiño
- Ermida do Bispo Santo
- Cruceiro e fonte no cruce de Marzán
- Cruce do Cristo
- Praia da Pampillosa
- Río Ouro
- Fazouro
lugares de interese
- Ponte vella de Fazouro
- Escultura dun Santiago peregrino e un Cristo crucificado ao pasar a Ponte de Fazouro
- Igrexa de Santiago de Fazouro
- Capela da Concepción
- Panorámica dende Ribadeo ata Burela
- Praia da Areoura (Foz)
- Igrexa nova de Burela
- Primeiras fábricas de Sargadelos
- Centro de Interpretación Ecomuseo Terras de Azul Cobalto
- Igrexa parroquial de Santa María de Cervo
lugares de interese
- A Cruz de Maximino
- San Cibrao
- Antigo hospital de Santo André
- Ponte medieval de Bao
- Xove
- Igrexa parroquial de Xove
- Río Maior
- Ruínas do Mosteiro de Santo Tirso de Portocelo
- Praia de Muiñelo
- Praia de Esteiro
lugares de interese
- Igrexa de Faro
- Excavacións arqueolóxicas da vila medieval de Area
- Paria de Area
- Igrexa de Celeiro
- Porto mariñeiro de Celeiro
- Capela de Santa Ana
- Muíños abandonados no río de Lavandeiras
- Pena dos Bicos
- Ponte Labrada
- Praza de Santa María
- Praza Maior de Viveiro
- Porta do Castelo
- Ponte da Misericordia
- Praia de Covas
- Pazo de Grallal
- Capela das Angustias
- Ponte do Porto
lugares de interese
- Río Sor
- Malvide
- O Campiño
- Os Barcos
- O Faxo
- Meixonfrío
- Seoane
- O Burgo
- Os Amieiros
- O Salgueiro
- Riomaior
lugares de interese
- Gueirón
- San Clodio
- Outeiro
- A Ponte de Mera
- A Pena do Vilar
- A Cruz
- Biduido
- Meizoso
- Teixidelo
A continuación desta ruta para conectar co Camiño Inglés consiste en realizar, dende Santo André de Teixido ata Cedeira, a Ruta dos Peiraos. A etapa para conectar con Xuvia partiría de Porto do Cabo e chegaría ao Mosteiro de San Martiño, seguindo o trazado do Camiño Vello.